A empresa

cms-img

Obradoiro

Varo Caride é un obradoiro de deseño en coiro, establecido na cidade de Vigo (Galiza) no ano 1983. Comezando pola práctica do repuxado sobre coiro, e pasando despois a profundizar noutras técnicas decorativas como o incisado, dourado, moldeado e outras. Sintetizamos todo o experimentado para conquerir unha liña persoal, onde o respeito polo coiro, o esforzo por ofrecer os nosos clientes os mais óptimos acabados, así como a liberdade sen condicionamentos a hora de facer as nosas creacións, son os obxetivos principais deste obradoiro.

cms-img

Creacións

Nas nosas creacións, buscamos o protagonismo do coiro, deseñamos pezas actuais e o mesmo tempo tamén atemporais. Suprimindo o innecesario para achegarnos no posíbel as formas puras. Artigos únicos que vannos acompañar a cotio, como compañeiros de viaxe, e que o paso do tempo vai acrecentar o seu valor, deixando unha pátina de nobreza que dificilmente outro material podería reflectir.

cms-img

Materiais

Os coiros que utilizamos son de procedencia nacional, seleccionados pola súa calidade, principalmente coiros vacúns, ecolóxicos, de curtiçión vexetal é procedementos artesanais.
Na elaboración dos nosos artigos procuramos o máximo respeito co medio ambente, usando productos ecolóxicos na elaboración dos mesmos.
Seleccionamos cuidadosamente tamén as fornituras, fibelas e demais materiais que precisamos na elaboración dos nosos traballos.